Carme Ayala

Cousas que medran das mans

O proxecto

Nace do desexo de presenciar como xorde o obxecto da unión entre corpo e material. Cómo así van aparecendo realidades novas que falan de ambos e que quizais, con sorte, reverberan dentro de alguén máis.

As pezas buscan o equilibrio entre o uso e a expresión, levando a experiencia sensible á
cunca de viño, ao prato do pan.

Jarrón cerámica

A tenda

Utilitario

Xarróns e esculturas

Amuletos

Obra gráfica

Textil

Cerámica artesanal e obxectos feitos a man en Galicia

Carme Ayala é un proxecto de cerámica artesanal feita a man en Galicia, onde cada peza nace dun proceso consciente que une corpo e materia. A través dunha aproximación contemporánea das maneiras tradicionais, créanse xarróns, esculturas e obxectos utilitarios únicos, deseñados para acompañar o uso diario sen renunciar á expresión sensible. 

Cada peza está pensada para equilibrar funcionalidade e beleza, ofrecendo obxectos que van dende utilitarios como cuncas e pratos ata xarróns e amuletos con carácter máis simbólico.

Elaboradas en Galicia con materiais seleccionados e procesos coidados, apostando por unha cerámica artesanal de calidade e identidade propia.

As mans marcan o camiño.